+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

Modificada a data da próxima andaina do Concello do Grove


 

A actividade prevista para o 14 de maio celebrarase o día 7, evitando así coincidir coas actividades das Letras Galegas

O Concello do Grove abre o prazo de inscrición para unha nova andaina. Neste caso a actividade, que estaba prevista inicialmente para o 14 de maio, será adiantada ao 7 de maio para evitar así que coincida coas actividades programadas para o fin de semana das Letras Galegas – o propio día 14 son varias as actividades na axenda -.

A andaina do 7 de maio percorrerá a Ruta da Costa da Égoa polos Muiños de Batán en Coruña. Esta previsto que a saída do Grove se realiza ao redor das nove da mañá. Recoméndase que os interesados procedan a realizar a inscrición o antes posible xa que as prazas son limitadas e adxudicaranse por rigoroso orde de inscrición. Na anterior andaina participaron 55 persoas.

Deja un comentario