+034 986 09 02 04 Venres 22 de Febreiro de 2019

A alcaldesa propón unha posible solución para que o concello, “dentro da estricta legalidade e sen comprometer o patrimonio de todos os veciños” poida acudir en axuda do Porriño Industrial


A alcaldesa do Porriño, como xa adiantara nas diferentes ocasións nas que mantivo contactos coa representantes do Clube Porriño Industrial, volveu a amosar a súa “total disposición”, tanto a manter unha xuntanza coa directiva do mesmo como a atopar unha solución, “dentro da legalidade”, que permita que o Concello poida axudar ao clube a solucionar a situación pola que atravesa.
Como xa comentara aos membros da directiva, traballadores e deportistas do Porriño Industrial o pasado mes de marzo nunha reunión conxunta na que, no Salón de Plenos, respostou a todas as súas preguntas e comentarios, Eva García de la Torre, reiterou que os documentos entregados polo clube ao Concello no son válidos para xustificar a totalidade das cantidades solicitadas, polo cal cre que unha alternativa pode ser que que a xunta directiva faga unha operación de creto pola cantidade non xustificable. Elo, indicou a rexedora, permitiría tramitar a subvención municipal polo resto do montante, tendo garantías e retendo as cantidades que non foron xustificadas polo clube.
García de la Torre lembrou que a anterior xunta directiva do clube presentou no Concello 31.000 € en facturas falsas para xustificar os gastos da tempada anterior, tal e como confirmaron os servizos municipais. A alcaldesa sinalou que maila a elo, como se comprometerá públicamente na xuntanza de marzo pasado, atopou unha fórmula que permite seguir adiante “dentro da legalidade” e que o Concello poida acudir en auxilio do Porriño Industrial.
Eva García de la Torre subliñou que o Goberno local “fixo o seu traballo” e que agora tócale á xunta directiva do clube facer o mesmo.

Deja un comentario