+034 986 09 02 04 Sábado 21 de Abril de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra perde dez millóns de euros de fondos europeos pola mala xestión de Rafael Louzán


O Ministerio de Facenda esixe a devolución de 3,6 millóns de euros do proxecto DEPUTRANS e non aboará as axudas de 6,1 millóns de euros do proxecto DEPOGAP polas graves irregularidades detectadas nunha auditoría 
A Deputación de Pontevedra perde dez millóns de euros de fondos europeos pola mala xestión do anterior presidente, Rafael Louzán e o seu equipo de goberno, segundo informou o deputado provincial Carlos López Font hoxe en rolda de prensa.
Este é o resultado das primeiras auditorías que o Ministerio de Facenda está a facer dos fondos europeos que xestionou a Deputación de Pontevedra e que neste caso só afectan aos proxectos DEPUTRANS e DEPOGAP. En concreto, segundo subliñou Carlos López Font, o goberno de Mariano Rajoy pide a devolución de 3.633.506,31 euros do proxecto DEPUTRANS e non vai aboar a Deputación as axudas europeas por valor de 6.155.980,39 euros do proxecto DEPOGAP que xa estaban gastadas e aboadas a los contratistas por parte da institución provincial.
O proxecto DEPUTRANS, recordou o deputado provincial, tratábase de instalar un total de 35 depuradoras en concellos da conca do Miño e contaba cunha financiación do proxecto do 75 por cento con fondos FEDER.
Neste caso, da devolución de máis de 3,6 millóns de euros de DEPUTRANS, xa existiu unha investigación previa da Oficina Europea de Loita contra o Fraude (OLAF), na que no ano 2013 advertiron á institución que existían irregularidades na subministración das depuradoras; discrepancias na súa localización; irregularidades na contratación das asistencias técnicas para a redacción dos proxectos; imputación de gastos de execución sen xustificar; utilización impropia de procedementos de urxencia na licitación da obra civil e a falta de comprobación da execución das melloras. Tal e como recordou Carlos López Font “o anterior presidente non só ocultou estes errores aos cidadáns senón que ocultou toda esta información dende o ano 2013”.
Igualmente destacou que en Xulio de 2015, aos poucos días de tomar posesión a nova corporación, tivéronse que elaborar e presentar alegacións ao expedinte aberto polo Ministerio de Facenda “nun intento de salvagardar os intereses da institución”.
En total, as autoridades de Facenda consideran que o 89% do proxecto DEPUTRANS tense que descertificar o gasto, ao ser irregular, e obriga a devolución de 3.633.506,31 euros.
No que respecta a o outro proxecto investigado, o DEPOGAP, trataba de mellorar os servizos públicos municipais cun modelo tecnolóxico de xestión das instalacións e, segundo recordaba Carlos Font “foi vendido polo señor Rafael Louzán como un antes e un despois na forma de xestionar a provincia e que íase a converter na primeira administración intelixente de España”.
Na resolución do Ministerio de Facenda, recibida na Deputación o pasado día 12 de abril, indícase que se revoga a axuda FEDER concedida a institución provincial para DEPOGAP e polo tanto non aboará os 6.155.980, 39 euros concedidos en 2011.
Facenda indica que “dos 8.794.257,70 euros que ascendía o orzamento do proxecto, unicamente xustificaríanse correctamente 1.527.982,14 euros”. E dicir, para o Ministerio so se xustificou correctamente o 17 por cento de todo o proxecto DEPOGAP.
En concreto, Facenda destacou entre as irregularidades detectadas que existen contratos asinados o 9 de marzo de 2015, cun prazo de execución de seis meses, cando o prazo de execución do proxecto finalizaba o 16 de marzo; defectos nas actas de recepción que non permiten acreditar a execución do contrato en prazo; ou que as actas non permiten validar como subvencionables os gastos asociados a dous contratos.
Ante o prexuízo grave causado á Deputación e aos veciños e veciñas da provincia, Carlos López Font, esixiu a Partido Popular responsabilidades polo súa xestión ao fronte da institución provincial e, preguntouse “¿quén vai a asumir no PP esta enorme responsabilidade?”.
O deputado provincial foi máis esixente e pediu directamente a Rafael Louzán que “foi quen xestionou estes proxectos con estes resultados que de explicacións a cidadanía e, sobre todo, que non pode seguir un minuto máis percibindo un soldo desta Deputación como asesor do Partido Popular”. A responsabilidade tamén a ampliou ao resto dos 16 deputados provinciais do PP que na anterior lexislatura “aprobaban en cada Xunta de Goberno, con Rafael Louzán, este tipo de procedementos”.
Por último, Carlos López Font, reclamoulle ao novo presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, que “explique exactamente que vai facer ante esta situación e que medidas vai tomar” ao respecto.

Deja un comentario