+034 986 09 02 04 Venres 22 de Febreiro de 2019

Preto de 60 xadrecistas daranse cita esta fin de semana en Torroso nunha Liga Interescolar organizada polo Club de Xadrez Mos


Participarán alumnos e alumnas de sete centros educativos mosenses

O concelleiro de deportes de Mos, Alberto Méndez, informou hoxe da celebración esta fin de semana da II Liga de Xadrez Interescolar Mos organizada polo Club de Xadrez Mos e que terá lugar no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso.
O torneo levarase a cabo mañá sábado 30 de abril e o domingo día 1 de maio e trátase dunha liga entre todos os colexios de Mos. Cada centro forma un ou varios equipos de nenos e nenas. O obxectivo do torneo non é outro que dar continuidade ao proxecto de difusión do xadrez levado a cabo polo Club Xadrez Mos no Concello de Mos, e levar o xadrez a todas as parroquias e centros educativos mosenses.
O sábado a fase de clasificación comezará ás 16.15 horas e rematará ás 19.50 horas e o domingo a fase final será de 16.30 horas a 20.45 horas, momento no que se realizará a clausura e entrega de premios.
Na primeira edición desta Liga Interescolar celebrada o ano pasado non participaron todos os Centros de Educación Infantil e Primaria do Concello, pero este ano sí e a competición conta coa participación dos 5 colexios públicos do Concello, do Instituto e do Colexio Lar. Contando polo tanto cun total de sete centros participantes nesta ocasión.
En total hai 57 rapaces e rapazas dos sete centros educativos incritos na Liga Interescolar que dará comezo mañá sábado e rematará o domingo. Brais Otero Nogueira do Club de Xadrez Mos será o director do torneo.
O evento desenvolverase da seguinte maneira: 11 equipos distribuídos en 2 grupos, de tal xeito que os 2 grupos xogan o sábado unha fase de clasificación, e o domingo fórmanse 2 novos grupos; un cos vencedores do sábado, e outro cos perdedores. Neses grupos do domingo dispútase o título do torneo.
Beneficios do xadrez
Respecto do xadrez o edil Alberto Méndez falou dos seus beneficios específicos a nivel educativo que son: que permite o desenvolvemento de calquera das competencias educativas básicas, destacando a competencia matemática, promove unha gran cantidade de práctica na resolución de problemas, ofrece castigo e recompensa inmediatos na resolución de problemas, aumenta o grado de concentración e memoria, e favorece o adestramento en atención, favorece o desenvolvemento e organización do pensamento: analizar, interpretar, sintetizar, valorar, aplicar, razoar, etc.; desenvolve a intelixencia emocional e os valores persoais, e crea patróns e sistemas de pensamento que soen conducir ao éxito cando se usan con consistencia.
Os estudantes que xogan ao xadrez se acostuman a procura de diferentes alternativas, o que resulta en mellor puntuacións en fluidez e orixinalidade. A competencia estimula o interese e promove a alerta mental, reta aos estudantes e favorece o sentimento de logro. Un medio de aprendizaxe organizado a través dos xogos ten un efecto positivo na actitude dos estudantes sobre a aprendizaxe. Esta dimensión afectiva actúa como facilitador dos logros cognitivos.

Deja un comentario