+034 986 09 02 04 Venres 10 de Xullo de 2020

A Deputación destina preto de 350 mil euros ao concello de Baiona para a adquisición dun vehículo e colectores de carga


O goberno provincial leva concedidos 568.228,06 € ao concello, o 65% do total destinado a Baiona dentro de Plan Concellos 2016

A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra ven de conceder dúas novas axudas ao concello de Baiona, no marco da liña 1, investimento, do Plan Concellos 2016.

A primeira das achegas, por valor de 246.840 € destinaranse á adquisición dun vehículo para a recollida de lixo; a segunda delas ascende a 91.336,61 € e será dedicado á compra de colectores de carga lateral.

Estas axudas súmanse aos 32.864,49 €, liña 3, concedidos para o financiamento da festa da Arribada da Carabela Pinta, e 197.186,96 € para a contratación de 26 traballadores e traballadores novos que desempeñarán as súas labores no concello.

No primeiro trimestre do ano a Deputación leva concedidos 568.228,06 € ao concello, o 65 % do total destinado para Baiona dentro do Plan Concellos 2016.

Deja un comentario