+034 986 09 02 04 Venres 13 de Decembro de 2019

Ponteareas acolle a presentación do Ano Internacional do Entendemento Global o próximo xoves


As actividades no eido local desenvolveranse baixo o título “Identidade, cultura e diálogo”
O Ano Internacional do Entendemento Global (International Year of Global Understanding, IYGU nas súas siglas en inglés) é unha iniciativa que tivo a súa orixe na Universidade Friedrich-Schiller de Jena, na Alemaña, a través do Profesor Benno Werlen, xeógrafo social daquela universidade en colaboración coa Unión Xeográfica Internacional.
O seu obxectivo é fomentar unha mellor comprensión de como o local afecta ao pensamento global co fin de promover políticas intelixentes para facer frente aos desafíos a escala mundial como o cambio climático, a seguridade alimentaria ou a migración.
Sermos conscientes dos efectos da vida cotiá no planeta para facer as mudanzas axeitadas. Alén da protección do medio e a política climática, quere explorar a calidade de vida sustentable e os proxectos de investigación ao respecto.
A presentación do Ano Internacional do Entendemento Global séra na sala de usos múltiples do Auditorio Reveriano Soutullo o vindeiro xoves 5 ás 17.30 e a escolla programática será a seguinte:
– Presentación do Ano Internacional en representación do Regional Action Center for Spain of IYGU, o profesor e doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela Ruben Lois González e a profesora e doutora en Xeografía e Historia pola USC María José Piñeira.
– O Entendemento Global e a Rede de Escolas Asociadas da UNESCO, Luisa Márquez, Coordenadora Galega da Rede PEA-UNESCO.
– Propostas de traballo para o International Year of Global Understanding, escenificado polo alumnado do IES Pedra da Auga, que presentará neste acto as propostas a desenvolver como son: Slogans para un Mundo Mellor e Poemas do Mundo para o Entendemento Global a cargo do profesor deste centro Xabier Prado Orbán.
– Presentación das páxinas web de referencia para as actividades previstas, a cargo da equipa directiva da Escola Artística Árvore do Porto.

Deja un comentario