+034 986 09 02 04 Martes 20 de Agosto de 2019

O concello de Ponte Caldelas continúa en A Roca a degustación itinerante de troitas por tódolos centros sociais do municipio


O numeroso público asistente agradece a iniciativa de achegar a celebración das vodas de ouro aos lugares que conforman o municipio

 

O Concello de Ponte Caldelas continuou no Centro Sociocultural de A Roca a degustación itinerante de troitas por tódolos centros sociais do municipio con motivo da celebración do 50 aniversario da Festa da Troita. Con esta iniciativa o Concello pretende extender a celebración ata o último recuncho do municipio e que todos aquelas persoas teñan a oportunidade de disfrutar dun evento popular destas características.

Á degustación realizada na Casa do Pobo de Xustáns acudiu o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e os veciños asistente sa este evento agradeceron a deferencia do Concello de Ponte Caldelas en compartir a conmemoración das vodas de ouro desta festa cos residentes en tódolos lugares e parroquias do municipio.

Os numerosos veciños e veciñas que se achegaron ata o Centro Sociocultural de A Roca degustaron as troitas fritidas polos cociñeiros Antonio Rocha e Enrique Lafuente e estiveron atendidos por un grupo de voluntarios que tamén se desprazarán aos centros sociais do municipio para seguir con estas degustacións. Este equipo humano é tamén o que, ano tras ano con incorporacións e baixas, vanse facendo cargo dos stands de degustación que se ubican na Alameda de Ponte Caldelas.

Deja un comentario