+034 986 09 02 04 Mércores 22 de Agosto de 2018

Acondiciónase a fonte en San Martiño no lugar de Arosa


Terase unha segunda actuación para arrombar o lavadoiro que se encontra nesta fonte.

O concelleiro de vías e obras Jairo Paz, estivo revisando as actuacións realizadas na súa primeira fase da roza e limpeza da fonte da parroquia  de San Martiño no lugar de Arosa / Guimaráns que fai uns días habían reclamado os veciños do lugar.

Os traballos consistiron na roza e limpeza da fonte nesta primeira fase.

Pero unha vez visto o estado en que se atopaba esta instalación o alcalde José Luis e o concelleiro de obras Jairo Paz, decidiron ter unha segunda actuación e limpar e acondicionar o lavadoiro que se atopa situado nesta fonte, para que esta instalación recobre o vigor que se merece.

O alcalde manifesta o seu agradecemento “a todos os veciños pola súa cooperación solicitando estas limpezas, xa que nun terreo tan extenso sempre pode quedar algo pendente, e lembra que se están realizando constantemente rozas e limpezas por todo o municipio”.

 

Deja un comentario