+034 986 09 02 04 Martes 22 de Setembro de 2020

O concello de Bueu recoñece á tripulación infantil do Club do Mar de Bueu pola súa clasificación no LXXIII Campionato de España de Bateis


O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu na tarde deste mércores, 4 de maio, a recepción oficial á tripulación infantil do Club do Mar de Bueu, como un recoñecemento pola súa clasificación no LXXIII Campionato de España de Bateis, que se celebrou a fin de semana pasada e no que quedaron quintos. Nun acto moi emotivo, o Concello entregou un diploma a Alejandro Santos Gómez, Salvador Castro Freire, Diego Otero García, Adrián González Martínez, Hugo Freire Lores, Andrés Ríos Villar, Ángeles Molanes Iglesias, aos adestradores Ana López Barreiro, e Diego Pérez García, e ao delegado Alberto Chapela Regueira. Tanto o concelleiro de deportes, Manolo Otero, como o alcalde da vila, Félix Juncal, quixeron arroupar a esta tripulación, á que deron os seus parabéns polos éxitos acadados, ademais de reiterar o seu apoio ao deporte do remo. Neste sentido, Juncal lembrou o seu pasado como remeiro, e salientou que «nunha sociedade tan fugaz como a de hoxe, é importante que vivades cada momento coa maior ilusión e paixón». No acto tamén estiveron os concelleiros do BNG Teresa López, Martín Villanueva, Silvia Carballo, Ana Isabel Otero, Macu Rodríguez, e Carlos Eirea, e do PP, Mercedes del Pilar Otero, e membros da directiva do Club do Mar de Bueu.

Deja un comentario