+034 986 09 02 04 Luns 22 de Outubro de 2018

O Festival de Curtametraxes de Bueu recibe preto de 1.500 filmes dun cento de países


Duplícanse as producións galegas, que ascenden a 31

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu recibiu na súa novena edición 1.461 obras de 97 nacionalidades. España segue a ser o principal lugar de procedencia, con 233 candidatas, das que 31 son galegas, máis do dobre ca o ano pasado, dato que apunta unha recuperación da produción propia.
Alemaña (142), Francia (104), Estados Unidos (102), India (75) ou Irán (75) volven situarse entre os países con máis curtas enviadas, mentres que Reino Unido cae ata menos da metade ca en 2015 e Canadá desaparece dos primeiros postos. No entanto, as propostas chegaron desde os cinco continentes, algunhas de lugares tan remotos como o arquipélago de Antigua e Barbuda.
O prazo de recepción de obras a concurso abriuse no mes de xaneiro e pechouse o pasado 30 de abril. O 15 de xuño daranse a coñecer tanto os 20 filmes que se proxectarán na sección oficial do FICBUEU 2016 coma os outros 40 que se verán nas seccións paralelas entre o 10 e o 17 de setembro.

Deja un comentario