+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Agosto de 2019

O PP pedirá a Lores explicacións por pagar por uns terreos que non se usan


O portavoz popular considera “un escándalo político” este gasto, asumido cos cartos de todos os pontevedreses

O portavoz dos populares, Jacobo Moreira, pedirá explicacións, no vindeiro Pleno municipal, ao Alcalde polo que considera “un escándalo político en toda regra”. Nesta liña, os populares consideran “todo un agravio cara os pontevedreses” que o Concello pague 20.000 euros anuais polo alugueiro duns terreos en A Canicouva “aos que nin sequera se lles eliminou a maleza e así o certifican os informes dos técnicos municipais”.

Jacobo Moreira considera que “o razoable sería chegar a un acordo cos comuneiros e establecer no contrato que non se empezaría a pagar a renda ata que comezasen os traballos no terreo”. Para o Grupo Popular “este é un exemplo máis do desprezo que ten Lores e o BNG sobre os cartos públicos”, sinalou o portavoz popular, “se isto o fixese un goberno do Partido Popular estariamos denunciados por malversación”, manifestou.
“Non é a primeira ocasión na que os nacionalistas protagonizan un escándalo deste calado, xa ocorreu hai anos co alugueiro dun baixo na rúa A Barca”, reiterou Jacobo Moreira este xoves, “e tras a nosa denuncia pública rescindiron o contrato”.
“Lores e o BNG deben deixar de xogar cos cartos de todos os veciños de Pontevedra”, sentenciou o portavoz popular.

Deja un comentario