+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Agosto de 2019

Bandeira Azul, Sendeiro Azul e Centros Azuis en Marín


 

BANDEIRA AZUL.

Marín repite galadóns, Portocelo, Mogor, Aguete e O Santo contarán co distintivo da BANDEIRA Azul galardón que no día de hoxe faise público por ADEAC, o organismo que resolve, revisa e inspecciona as praias para que todo funcione e poder ondear este distintivo de calidade, de excelencia das augas e dos servizos que require.

SENDEIRO AZUL.

Este ano o concello de Marín, solicitou calificar o paseo do vial de praias como sendeiro azul, e poñelo como exemplo de comunicación das praias pola súa beleza, atractivo e coidado, principal arteria que comunica os arenais todos eles con distintivo de calidade.

CENTRO AZUL. PETRÓGLIFOS DE MOGOR.

Outra novidade foi a candidatura presentada para facer do Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor un Centro azul cos parámetros que require o ADEAC e facelo centro neste espazo ben comunicado, co paseo do vial e o arenal de Mogor.

CENTRO AZUL. ATENEO SANTA CECILIA. CLUBES UNESCO.

Candidatura presentada e otorgada pola súa implicación co medio ambiente e a aposta polas actividades tradicionais, culturais e do mar.

Deja un comentario