+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Decembro de 2019

O Goberno local do Porriño impulsará e coordinará proxectos europeos de formación dos que se beneficiarán estudantes do Porriño, Mos, salceda,salvaterra, Ponteareas e Tui


O Concello do Porriño, por medio da Concellería de Educación, que dirixe Lourdes Moure, impulsará, contando coa experiencia de Amador Ordoñez, coordinador de proxectos europeos do IES Ribeira do Louro, ‘A Game for promoting entrepreneurship across European Schools’, un proxecto que será presentado dentro do Programa Eramus+ Asociacións Estratéxicas, Educación Escolar, e que ten coma obxectivo impulsar o concepto de emprendimento entre os alumnos de distintos niveis educativos, optando a fondos europeos para poder levar adiante os seus obxectivos.
O primeiro deles é a creación dunha Plataforma on line para promover nos centros de formación, e para traballar conxuntamente, a nivel europeo, dando pulo á idea de emprendedor entre as alumnas e alumnos, poñendo en man dos centros unha ferramenta que facilite esta labor mediante a formación de profesores e estudantes.
Os alumnos terán unha visión máis crara da realidade actual do mundo da empresa, en especial coñecendo que sectores están a medrar, atopar ocos de mercado, coñecer as novas estratexias empresariais ou o estado da globalización do mercado, de xeito que, por medio de ideas en común, experiencias e ideas conxuntas de cada un dos socios que participan nesta Plataforma, conquerir unha visión máis real do que debe de ser unha empresa na actualidade.
O proxecto, coordinado polo Concello do Porriño, estará integrado polo IES Ribeira do Louro, o Dacorum Council for Voluntary Service, do Reino Unido, Atenea, de Portugal, University of Business and Enterprise, de Polonia e Magestil – Escola Profissional de Portugal.
O vindeiro martes, día 10, no Restaurante Manolo, haberá unha primeira xornada para falar sobre proxectos europeos, que segundo a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, “teñen unha importancia estratéxica” para o goberno local, na que estarán presentes, ademáis da propia rexedora e a concelleira de Educación, representantes dos equipos directivos de centros de infantil, primaria e secundaria, que abrangue Formación Profesional, de Porriño, Mos, Salceda, Salvaterra, Ponteareas e Tui.
A idea final é a creación dunha rede de colaboración entre os centros, atraendo aos concelleiros de Educación destes concellos para conquerir proxectos europeos, unha xestión moi complexa que, como se viu na experiencia doutros países, como Suecia, só é factible creando ‘consorcios’ formados por centros, o que podería denominarse como ‘escolas de escolas’, que permitan optar aos devanditos fondos europeos de formación.
O primeiro paso pasaría polo tecido desta rede a nivel dos concellos sinalados, aproveitando as súas sinerxías e a experiencia de máis de 20 anos que ten o IES Ribeira do Louro na xestión de proxectos a nivel europeo. Na xuntanza se explicará como funcionan os programas, como optar a eles e cómo poden aproveitarse dos mesmos tantos os alumnos destes centros públicos, como os seus profesores.

Deja un comentario