+034 986 09 02 04 Martes 04 de Agosto de 2020

Medio centenar de persoas inscríbense no curso de orientación laboral do concello de Ponte Caldelas


Terá lugar o 17 de novembro en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude de la Xunta de Galicia

Un total de 49 persoas con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos inscribíronse para participar nunha nova edición do curso de orientación laboral que promove o Concello de Ponte Caldelas en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude de la Xunta de Galicia.

O curso impartirase o próximo luns 17 de novembro de 11 a 13 horas no Salón de Actos do Centro Cultural de Ponte Caldelas e terá como obxectivo orientar ás persoas en situación de desemprego en ver como enfocar unha entrevista de traballo, cuestións importantes á hora de elaborar un curriculo, etc.

Esta iniciativa enmárcase dentro das actuacións desenvolvidas polo Concello de Ponte Caldelas para colaborar con aquelas persoas en situación de desemprego para que poidan incorporarse en mellores condicións ao mercado de traballo. Recentemente desenvolvéronse varios cursos formativos e a Axencia Local de Emprego, organismo dependente do Concello, prepara máis accións formativas que se irán desenvolvendo nos próximos meses.

Deja un comentario