+034 986 09 02 04 Venres 13 de Decembro de 2019

Benestar estudará a ampliación da Escola Infantil de Oia


A Consellería de Traballo e Benestar, a través do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, estudará a posible ampliación da escola infantil de Oia, que na actualidade conta con 39 prazas divididas en 3 unidades.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo en Santiago un encontro co alcalde da localidade pontevedresa, Alejandro Rodríguez, no que falaron de diversas actuacións de interese para Oia.

Entre elas destaca a ampliación desta escola, que conta cun andar superior que na actualidade non se está a utilizar e para o que se vai estudar a posible utilización como parte desta escola.

Deja un comentario