+034 986 09 02 04 Venres 26 de Abril de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Carmela Silva reconoce o inmenso traballo feito polos servizos contraincendios do consorcio provincial


 

A Presidenta da Deputación mostrou o seu apoio ao presidente de Fandicosta e os seus traballadores

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quixo hoxe, na súa visita á fábrica de Fandicosta en Moaña, mostrar o seu recoñecemento aos traballadores e traballadoras dos servizos contraincendios do consorcio provincial polo operativo desenvolvido dende a tarde de onte luns. “Temos que estar moi orgullosos polo traballo feito por todos os implicados no operativo desenvolto polo consorcio provincial contraincendios e felicitar a todos os traballadores e o seu novo xerente”, subliño a Presidenta
Carmela Silva acudiu hoxe xunto á alcaldesa de Moaña, Leticia Costas, e os deputados provinciais, Carlos Font e Xosé Leal, ate a factoría de Fandicosta para coñecer a situación real. Silva mostrouse impactada polo efecto devastador do lume nas instalacións da empresa pesqueira que na tarde do luns rexistrou un incendio de grandes proporcións.
A Presidenta da Deputación mantivo un encontro co presidente de Fandicosta, Angel Martínez, ao que transmitiu que “dende as administracións estaremos ao carón da empresa e dos seus traballadores”. Martínez transmitiulle a Carmela Silva a intención da empresa de manter a actividade, o emprego e recuperar a produción en canto sexa posible. Para a Presidenta as intencións da empresa son unha gran noticia xa que garantizará o mantemento da actividade e do emprego dunha das grandes empresas do sector pesqueiro da comarca viguesa.
Silva tamén poido falar con algunhas das traballadoras, maioritarias na plantilla de Fandicosta, que acudiron hoxe ate a fábrica para interesarse pola situación das instalacións e o efecto do lume nos seus postos de traballo.

Deja un comentario