+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Decembro de 2019

Mañá preséntase o II Rallie Eurocidade que se celebrará na fin de semana na Eurocidade Tui-Valença


Mañá mércores, 11 de maio, ás 12.00 horas españolas, no Parador de Turismo San Telmo de Tui, terá lugar o acto de presentación do “II Rallie Eurocidade”, organizado pola Escudería Doña Urraca de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Automobilismo. Celebrarase este venres 13, sábado 14 e domingo 15.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, os concelleiros de deportes de Tui e Valença, Laureano Alonso e José Monte, o concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, o deputado provincial da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral, así como o presidente da Escudería Doña Urraca, Marcos González.

Deja un comentario