+034 986 09 02 04 Martes 04 de Agosto de 2020

A Concellería de Cultura pon en marcha dúas novas actividades Lúdico-Deportivas


Inicio de clases de Ioga e Andaina polo río San Martiño

A concellería de Cultura, Deportes e Mocidade do Concello de Meis, presenta dúas novas actividades Lúdico-Deportivas, en dous ambientes distintos, que permitirán aos participantes a posta en forma para a nova tempada estival aomesmo tempo que posibilitarán o poder gozar da natureza e como non, do encanto que entrañan as rutas da zona de Armenteira, no concello de Meis.

A primeira das actividades realizarase o día 29 de maio e consistirá nunhaAndaina, cunpercorrido de 17 Km polo Río S. Martiño, con hora de saídaás 9:00 da mañá, cuxo punto de encontro está previsto na rotonda da autovía de “O Salnés”, saídaArmenteira. Este percorridoprevese que teña unha duración de 4 horas, no que os participantes poderán gozar da beleza que encerra a paisaxe da “Ruta da Pedra e da Auga”, pertencenteaoconcello de Meis.

Como segunda opción, a concellería de Cultura convida os amantes de Ioga e aos principiantes que queiran penetrarse nestadoutrina filosófica hindú, que consiste en prácticas para conseguir un maior control físico e mental, a inscribirse nestas clases que, darán comezo o venres día 3 de xuño en horario de 20:00 a 22:00 horas. O prezo da actividade é de 25€ e os interesados poderán anotarse a través de correo electrónico actividades@meis.es ou no teléfono 615522448, antes do 31 de maio.

Deja un comentario