+034 986 09 02 04 Domingo 19 de Agosto de 2018

A AVV San Salvador de Torneiros celebra o seu tradicional magosto


Será este domingo 16 nas instalacións da asociación a partir das 18.00 h, haberá castañas gratis e contarán coa animación da escola de gaitas e percusión “Agarimo”

A Directiva da AVV San Salvador de Torneiros, dentro das actividades culturais e de ocio que ofrecen aos veciños, infórmanos de que o próximo domingo 16 de novembro, a partir dás 18.00 h, ” terá lugar no noso recinto social o tradicional Magosto que todos os anos realizamos”.

Haberá castañas gratis para todos os asistentes, a festa estará amenizada pola escola de gaitas e percusión “Agarimo”, deTorneiros. Ademais, por só 1 €, os adultos terán viño novo durante toda a actividade.

Dende a AVV San Salvador de Torneiros queren transmitir unha mensaxe, “estades todos invitados a asistir e pasar un bo anaco de diversión en familia”; así que xa sabedes, espéranvos este domingo nas súas instalacións a partir das 18.00 h.

Deja un comentario