+034 986 09 02 04 Mércores 28 de Outubro de 2020

O Programa «Degusta Europa» da Deputación Provincial chega ao mercado municipal de Bueu


Con este proxecto itinerante, a institución provincial busca resaltar a gastronomía como un dos símbolos da riqueza cultural de Europa ereivindicar os produtos locais e autóctonos

Os deputados provinciais Carlos Font e Xosé Leal,xunto co alcalde de Bueu, Félix Juncal, asistiron ao acto «Degusta Europa» no mercado municipal de Bueu. O programa, impulsado polo ente provincial,enmárcase nunha serie de actuacións que a institución está a organizar para conmemorar o Día de Europa.

A iniciativa ten por obxectivo simbolizar a unión entre os diferentes pobos europeos empregando como elemento motor a gastronomía ao tempo que se impulsa a materia prima da provincia de Pontevedra. Neste proxecto colaboran as escolas públicas de formación en hostaleira Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra.

No caso de Bueu, é a segunda das localidades na que profesorado e alumnado do centro educativo Manuel Antonio de Vigo foron os encargadosde mercar produtos das Rías Baixas no mercado municipal e en directo, ao estilo dun show cooking, elaborar pratos típicos europeos. Mais concretamente, «Sopa de melón con xamón texturizado e xelatina de Oporto», «Xoubas fritidas con tempura de millo», «Xarda lañada con brotes tenros», «Risotto de mexillóns con tella de queixo parmesano» e «Hamburguesas de porco con queixo gruyere».

O programa, que xa pasou polos concellos de Caldas, Pontevedra, A Guarda e Cambados concluirá mañanavenres día 13 no mercado do Progreso de Vigo onde os alumnos e profesores do Manuel Antonio na cociña e no servizo ofertarán os pratos degustados hoxe en Bueu.

Deja un comentario