+034 986 09 02 04 Martes 18 de Decembro de 2018

Listaxe das prazas dos campamentos de conciliación, Marín


O concello sacou as listaxes de admitidos nos campamentos de conciliación para este verán 2016

Ofertáronse máis prazas, aumentándose ata as 300 prazas para tratar de dar opción a case todas as solicitudes.

As solicitudes presentadas foron de 318. Sendo a primeira quincena de xullo a máis solicitada en primeira opción.

Quedan pendentes dos cambios que se realicen unha vez que se formalicen as prazas co pago, 12 prazas libres en Mogor na segunda quincena de xullo, que se cubrirán con segundas opcións de maneira que soamente poderíase repetir quincena en Mogor.

O campamento en catro quincenas en xullo e agosto, será como estes últimos anos no Colexio do Sequelo, ofertándose a segunda quincena de xullo 25 prazas na Casa de cultura de Mogor e a primeira quincena de agosto 25 prazas na Casa de cultura de Seixo.

O prezo público de cada quincena é de 30 ?, que se mantén igual que en anos anteriores.

O pago realizarase no concello en Tesourería do día 30 de maio ao 3 de xuño para as quincenas xullo e do día 6 ao 10 de xuño para as quincenas de agosto.

O concello a través da área de medioambiente e benestar social aposta ano a ano por manter e incrementar esta oferta que é moi demandada para os nenos e nenas de Marín entre os 3 aos 12 anos.

Deja un comentario