+034 986 09 02 04 Domingo 19 de Xaneiro de 2020

En marcha a Festa do Tinto do Salnés 2016


O Concello e a comisión organizadora xa teñen ultimada a programación da Festa queterá lugar a primeira fin de semana de xuño, do venres 3 ao domingo 5

O Concello de Ribadumia e a comisión organizadora estiveron traballando nas últimas semanas para ultimara programación da que será a 44ª Edición da FESTA DO VIÑO TINTO DO SALNÉS, que terá lugar naprimeira fin de semana de xuño, entre o venres 3 e o domingo, día 5.

A Festa do Tinto é un evento consolidado dende fai moitos anos grazas ás persoas que mantiveron viva atradición do “Viño Barrantes”. Esta tradición é a que se quere apoiar dende o Concello polo que, no esencial, vaise manter a estrutura e organización da festa de anos anteriores.Non obstante, dende o equipo de goberno e a comisión organizadora quixemos abandonar certo“protagonismo” político ou persoal que se viña impoñendo nos últimos anos e voltar a poñer en primeiro plano aos auténticos protagonistas da festa, os viticultores e os adegueiros que seguen a manter viva a antiga tradición da elaboración do viño tinto, converténdoa incluso nun xeito de ser e de vivir. A festa e de todos os veciños e queremos que se sintan parte da mesma. Finalmente a festa tamén quere servir de escaparate de Ribadumia, do seu potencial turístico eetnogastronómico.
Pensando neses obxectivos é como se confeccionou un completo e variado programa, ampliando o abano de actividades arredor da festa e non limitándose unicamente á verbena nocturna, de tal xeito que teremos actuacións e actividades practicamente a todas horas durante os tres días e a calquera hora do día, dende a maña ata a madrugada. Unha programación variada e dirixida a diferentes ámbitos e para todos os gustos.
Precisamente nesa idea de centrar a festa nos viticultores, gustaríanos destacar en primeiro lugar a aposta por animar a carpa de exposición e venta de viños para convertela, xunto co xantar de confraternidade e a cata, nun dos epicentros da festa. Así están previstas nesa carpa actuacións de grupos de “CANTOS DE TABERNA” durante os tres días de festa, un Show-cooking en directo a cargo do chef Rubén González e o domingo unha “sesión Vermouth” a cargo do GRUPO AZABACHE.

Este equipo de goberno tamén quixo pensar nos mozos, polo que o venres noite terá lugar a “FESTA KIOTO”, da emisora de FM do mesmo nome, con DJs e GO-GOs ata altas horas da noite.
Había anos que os grupos locais viñan demandando un espazo na Festa do Tinto do Salnés sen que se tiveran en conta. Este ano, o sábado, 4 actuaran os grupos OUTRO CARALLO, KILLING FLOOR, FORA DE SERVICIO E NOITE FECHADA.
Para os máis pequenos tamén se programaron actividades: o sábado terá lugar a xa tradicional FESTA DA ESPUMA, e para o domingo , na praza do Concello, instalaranse XOGOS POPULARES E ANIMACIÓN DE RÚA durante toda a maña e a tarde. Xa para finalizar o domingo está prevista unha exhibición de actividades extraescolares realizadas nos centros educativos e no Concello durante este ano escolar.
Tampouco nos esquecemos das verbenas. Para o venres está prevista a actuación de CHARLESTON BIG BANG E LEDICIA, o sábado será o turno da ORQUESTRA ROYAL DE GALICIA e o grupo TANGO. O domingo contaremos coa actuación da ORQUESTRA LA FORMULA.
Queremos destacar tamén o domingo a actuación estelar de ANTONIO SEIJO & GRUPO SKYLIGHT. Antonio Seijo é profesor de violín, ex_compoñente do grupo Milladoiro, e colaborador de bandas de grandes artistas como Bonnie Tayler, Tom Jones ou Julio Iglesias. Na actualidade, xunto co seu grupo están promocionando o espectáculo TRIBUTO AL POP, que será o que fagan en Ribadumia, con versións de temas de grupos rock e pop, dende Bon Jovi a Gloria Gaynor. Este espectaculo está tendo unha grande aceptación do público en todos os sitios onde actúa.
Todo esto á parte das actuacións pola rúa das bandas de música, do Grupo de Batucada OLODUM DO COIO, do grupo de baile e rondalla da Asociación O Castro de Baión e da Charanga “OS ROUBABICOS”.

En definitiva, a idea é homenaxear como se merecen a todos os viticultores que fan posible a celebración e a todos os veciños e visitantes que queren desfrutar da festa do Viño Tinto e converter a Barrantes – Ribadumia no epicentro festivo e cultural de todo o Salnés durante a primeira fin de semana de xuño, marcando o inicio da “tempada” de verán.

Dende o equipo de goberno queren expresar o seu agradecemento a todas a persoas dacomisión organizadora da festa, polo seu esforzo desinteresado. Tamén agradecer a
colaboración de todas as empresas patrocinadoras e colaboradoras e, finalmente, dar as gracias tamén a todos os viticultores e adegueiros que participan da festa e van presentar viño para as catas. Sen uns e sen os outros non sería posible facer a festa.

XANTAR DE CONFRATERNIDADE.
Dende a comisión organizadora tamén informan de que xa está previsto o Xantar de Confraternidade, que coma todos os anos terá lugar o sábado, día 4 de xuño. Tamén se mantén o menú dos múltimos anos, a base de empanada, pulpo a feira, carne ao caldeiro, fresas con viño e rosca, así como o prezo do convite, 25 euros persoa.
A partir da semana que vén xa estarán os convites a disposición dos interesados nos lugares de costume.

RECOLLIDA DE VIÑOS AUTÓCTONOS PARA AS PRIMEIRAS CATAS.
Ao mesmo tempo tamén vai comezar o proceso de recollida de viños para as catas. Así o luns e martes, días 16 e 17 de maio, recolleranse os viños das variedades autóctonas (caíño, espadeiro, mencía, ….) daqueles colleiteiros que desexen participar na cata. Terán que entregalos no Centro Social de Barrantes entre as 10.00 e as 12.00 Horas e deberán presentar 6 botellas. Na seguinte semana, os días 22 e 23 de maio, será o turno dos viños “Barrantes”, que deberán entregarse tamén no Centro Social de Barrantes entre as 19 e as 22 Horas.

Deja un comentario