+034 986 09 02 04 Venres 28 de Febreiro de 2020

A sala Domínguez Búa de Bueu acolleu un dos actos estrela da programación das Letras Galegas


A sala Domínguez Búa de Bueu acolleu un dos actos estrela da programación das Letras Galegas. Xurxo Salgado, director do Galicia Confidencial, Rocío Castro, do Sermos Galiza, Antón Lopo, narrador, artista e xornalista gañador do XIII Premio Johán Carballeira de Xornalismo, e Xosé Leal, concelleiro de Bueu, deputado de cultura e tamén xornalista, foron os encargados de comezar cunha mesa redonda cuxo tema de debate foi «O galego nos medios de comunicación escritos». Os presentes fixeron unha radiografía sobre a situación dos medios na nosa lingua e a súa capacidade de subsistencia e mantemento no tempo.

Na segunda parte do acto, o alcalde de Bueu Félix Juncal agasallou a Antón Lopo cunha figura do faro de Ons, que lle gustou moito. Lopo quixo lembrar o seu compromiso co galego, ademais da súa admiración pola figura de Johán Carballeira, o que fora alcalde de Bueu no breve período republicano, ademais de poeta, nacionalista e xornalista.

Manuel Mosteiro, presidente da Asociación de Amigos de Johán Carballeira, coorganizadora do premio xunto ao Concello de Bueu, destacou que a reportaxe que Lopo fixo sobre a figura de Xulio Calviño resulta moi interesante e profunda, e que está contada con moitos recursos mitolóxicos, literarios etc. O dirixente da Asociación animou aos medios e xornalistas que escriben en galego a que se presenten a este premio.

Este acto nace como una renovación do Concello de Bueu para darlle maior difusión e protagonismo a este premio (un dos poucos de Galiza destas características), e separándoo da entrega do de poesía, que se fará este domingo no marco do V Festival Poético do Morrazo, que terá lugar ás 19.30 horas no Centro Social do Mar.

Deja un comentario