+034 986 09 02 04 Venres 06 de Decembro de 2019

Comezan esta semana as actividades para a mocidade do Concello do Grove


O vindeiro sábado, 21 de maio, comezan as actividades especificamente dirixidas aos mozos e mozas do Grove. Trátase dun amplo programa que se desenvolverá durante as fins de semana de maio a xuño e que terá como escenario fundamental as rúas do Grove. Tal e como se recolle no programa adxunto, as actividades previstas recollen grande variedade de disciplinas que van dende o tiro con arco a o baile urbano, a fotografía ou as actividades medioambientais.

Toda a programación é de balde e non é necesaria inscrición previa agás no Obradoiro de fotos co móbil e a visita ao Obradoiro da Aula ambiental da Siradella. Para inscribirse nestas actividades ou contar con información das restantes tan só é preciso achegarse á Oficina de Información Xuvenil do Concello situada no segundo andar do edificio administrativo.

Para a organización destas actividades resulta fundamental a colaboración de colectivos como a Asociación Cultural Paradanda-Mecos, a Asociación Ría Urbana, a Asociación de Arqueiros da Canteira e a Aula da Natureza, contando ademais co apoio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Deja un comentario