+034 986 09 02 04 Martes 11 de Decembro de 2018

O Club Xadrez Ramiro Sabell organiza o III Torneo Escolar Ramiro Sabell o próximo sábado 21 de maio


O evento no que colabora o Concello de Ponteareas terá lugar no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas a partir das 11.00 horas
O Torneo Escolar Ramiro Sabell, de nivel autonómico, vaise dividir nas categorías Sub-8, Sub-10, Sub-12 e Sub-14. Por segundo ano consecutivo entra dentro do circuíto galego de promoción do xadrez. É o quinto torneo pertencente ao XI edición do Circuito Galego Xadrez Promoción. Haberá trofeo para os 5 primeiros clasificados de cada categoría e recordos para tódolos participantes e sorteo de agasallos ó finalizar.
A inscrición poderase realizar até as 20:00 horas de mañá día 19 de Maio de 2016. ou a través do correo electrónico torneosramirosabell@gmail.com indicando nome, apelidos, categoría e club, ou a través deste formulario. A organización estima 130 prazas como límite para participar.
“Pretendemos promocionar este deporte na nosa vila, así coma fomentar as relacións humanas entre clubes, técnicos, xogadores, pais e nais que a diario están inmersos no xadrez”, manifesta o presidente do club Miguel Ángel Gallego. “Agradecemos moito a colaboración no evento do Concello de Ponteareas e animamos a inscribirse a todos os cativos e cativas interesados”, engade a coordinadora Carmen Muñoz.
A entrega de trofeos realizarase ás 20.00 horas no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas e participarán o concelleiro de Deportes Benito Márquez e o alcalde Xosé Represas. “Estamos encantados de colaborar a promover un deporte coma o xadrez desde o Concello de Ponteareas e espero que o evento conte cunha alta participación”, asegura o edil.

Deja un comentario