+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

A concelleira de Educación acompaña ao Festival de Cans a 200 alumnas e alumnos de centros públicos do Porriño e de Mos


A concelleira de Eduación. Lourdes Moure, acompañou a 200 alumnos dos colexios CEIP de Atios, Santo Tomás, Fernández López, todos eles do Porriño, e Pena de Francia, de Mos, á súa visita ao Festival de Cine de Cans, que comezou este mércores a súa 13ª edición.
As actividades impulsadas polo Concello do Porriño este 2016, ano no que a achega municipal é a maior de toda a historia do festival, abranguen, como lembrou a concelleira de Educación, ademáis das visitas de rapazas e rapaces de colexios de toda a Área Metropolitana, a colocación dun ‘Canseto’ no centro da vila, un concurso de debuxo entre os colexios do Porriño e, este mesmo xoves, día 19, o desfile de chimpíns polo centro.
Os estudantes asistiron, na Casa Bugarín, á proxección do makin-off do documental que se estreou hoxe sobre a propia parroquia de Cans, e escoitaron as explicacións sobre o festival da presidenta da Asociación Arela, organizadora do mesmo, Keka Iglesias, do realizador do documental, Juanma Lodo, e do director do festival, Alfonso Pato.
Pato sinalou que o Festival de Cans é posible grazas ao traballo dos veciños da parroquia, entre eles varios rapaces da aldea, que fan de guías para que os espectadores coñezan o lugar e cheguen aos 10 lugares nos que se proxectan as curtas que participan no certame.
Neste mesmo eido, a concelleira Lourdes Moure subliñou que “é o traballo e o interese dos veciños o que fai posible que o Festival de Cans sexa unha referencia a nivel de toda Galicia e que mesmo comparta atención nos medios de comunicación co famoso festival de Cannes”.

Deja un comentario