+034 986 09 02 04 Mércores 22 de Agosto de 2018

O Concello de Bueu rematou estes días as obras de colocación dos colectores na rúa Montero Ríos


O Concello de Bueu rematou estes días as obras de colocación dos colectores na rúa Montero Ríos para a conexión de renovadas redes de saneamento de augas pluviais da rúa Johán Carballeira. Ata o lugar das obras achegáronse hoxe o alcalde de Bueu, Félix Juncal, e o concelleiro de Obras e Servizos, Fidel Castro, acompañados do aparellador municipal. Tras o Corpus, o que se vai facer é pintar a sinalización horizontal e vertical, ademais da zona de carga e descarga xunto ao supermercado Gadis, e o paso de peóns.

Con este motivo, desde o goberno local anúnciase que o mercadiño do luns xa se celebrará no seu lugar habitual, xa que por mor das obras tivera que trasladarse.

Esta acometida, que foi unha prioridade do Concello para dar solución aos problemas de inundacións que teñen lugar nesa zona nos momentos de grandes chuvias, consistiu na colocación de dous pozos de rexistro e colectores de saneamento enterrado que levaron as augas pluviais ata o novo punto de vertedura. O orzamento estimado foi de 51.414 euros, con cargo aos fondos do Concello.

LIMPEZA VIARIA

Así mesmo, o concelleiro Fidel Castro anunciou hoxe que durante esta semana se están limpando os accesos a Bueu, tanto desde Cangas como Marín, e a partir do luns a limpeza intensificarase polo centro urbano da vila, con motivo da celebración do Corpus de Bueu na fin de semana do 28 e 29 de maio.

Deja un comentario