+034 986 09 02 04 Venres 06 de Decembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Deputación realiza o sorteo público das máis de duas mil prazas do programa Depo Aventura 2016


As deputadas Digna Rivas e Chelo Besada salientaron a «enorme aceptación e boa acollida» do programa, pois concellos como Pontevedra ou Vigo superaron a ocupación do 100 % das prazas reservadas

A Deputación de Pontevedra vén de realizar o sorteo público das prazas mediante un algoritmo informático do programa Depo Aventura 2016.

«Depo Aventura A Lanzada 2016», impulsado pola Deputación cunha achega de 235.00 €, ofrece a posibilidade de que mozas e mozos empreguen as súas vacacións de verán participando en actividades lúdicas, culturais, deportivas e formativas que contribúan ao seu enriquecemento persoal e ao coñecemento doutros lugares fóra da súa contorna.

O programa, que se realizará en once quendas -de 200 prazas cada unha- entre o 26 de xuño e o 10 de setembro no Centro de Vacacións da Lanzada, dará acollida a 2.200 pontevedreses e pontevedresas de entre os 8 e os 13 anos. Os asistentes ao sorteo, entre os que destacan a deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, e a deputada de Deportes, Chelo Besada, salientaron a «enorme aceptación e boa acollida» do programa, que este ano recibiu preto de 4.000 solicitudes.

Neste senso, concellos como Vigo ou Pontevedra superaron o 100 % do número de prazas reservadas para cada un deles, nun 200,3 % e nun 120,5 % respectivamente, debido a un remanente das mesmas noutros concellos da provincia.

Amais, o firme compromiso do goberno provincial por construír unha sociedade xusta tradúcese en que, por primeira vez e grazas ao convenio de colaboración coa Fundación La Caixa, concedéronse máis de 200 prazas gratuítas a menores en situación ou risco de exclusión social, dándolles a oportunidade de participación a familias con escasos recursos económicos. Pola súa banda, aquelas familias acollidas baixo o réxime de familia numerosa gozarán dun desconto do 20 % sobre o prezo da praza.

A lista definitiva da adxudicación das quendas poderá consultarse a partir de mañá na web da Deputación, www.depo.es, e notificaranse ás persoas participantes seleccionadas por mensaxe de móbil ou correo electrónico.

Deja un comentario