+034 986 09 02 04 Xoves 26 de Abril de 2018

II Galardóns Sintete Covelo


O Concello de Covelo fixo entrega dos galardóns aos gañadores da segunda edición dos premios Síntete Covelo 2016 no Auditorio Municipal nun acto que estivo amenizado pola Coral Xuntanza de Covelo. Os premios foron concedidos por unanimidade do xurado ao poeta, actor, dramaturgo e artista David Fernández Rivera e á patinadora do Club Covelo de Patinaxe Artística Candea Alonso Rodríguez.

Con estes galardóns o Concello de Covelo quere facer público recoñecemento ás persoas, asociacións, empresas ou institucións que contribuísen co seu labor á promoción da cultura, o deporte, a arte, o patrimonio, a defensa do medio ambiente e a promoción do nome de Covelo no ámbito nacional ou internacional.
Con este premio ao poeta e artista, natural da parroquia de Maceira no concello de Covelo, recoñécese a súa traxectoria no ámbito da cultura, especialmente na súa faceta de creación poética, na que destacou desde a súa mocidade coa publicación de máis de 10 obras, pero tamén na súa actividade teatral, como director, actor e dramaturgo, así como coreógrafo e artista plástico.
A patinadora Candea Alonso Rodriguez, natural da parroquia de Paraños, iniciou a súa activade deportiva no Club Covelo de Patinaxe Artístico no ano 2005 e proclamouse catro veces campioa galega. Participou tamén en campionatos autonómicos, nacionais e internacionais, sendo convocada pola Selección Española en distintas categorías para participar en campionatos de nivel internacional. Con este premio, o concello de Covelo recoñece o seu esforzo e a súa excelente traxectoria no ámbito deportivo.

Deja un comentario