+034 986 09 02 04 Mércores 27 de Maio de 2020

O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración cos centros escolares do CRA A Lagoa, o CEIP Infante Felipe, e o CEIP de Leirado, organizan mañán venres día 27, unha xornada de convivencia escolar


Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño en colaboración cos centros escolares do CRA A Lagoa, o CEIP Infante Felipe, e o CEIP de Leirado, organizan mañán venres día 27, unha xornada de convivencia escolar onde se xuntan máis de 300 nenos e nenas que están cursando educación infantil nos diferentes centros do municipio.
O que se pretende con esta xornada de convivencia é afianzar os lazos entre o alumnado dos diferentes centros de ensino para que compartan experiencias, tempo de lecer, afiancen as súas relacións interpersonales e desenvolvan as súas habilidades sociais.
As actividades nas que van poder participar e desfrutar van dende xogar con hinchables, participar nunha merenda saudable organizada polo Concello, donde se reparte froita e auga, e diferentes obradoiros e xogos deseñados polos centros educativos para este día.
Todo elo se vai desenvolver no marco do Parque da Canuda, un espacio verde con máis de cen mil metros cadrados onde os máis pequenos van a desfrutar ao aire libre destas actividades pensadas para eles.

Deja un comentario