+034 986 09 02 04 Domingo 05 de Xullo de 2020

O Concello de Ribadumia amplía o convenio con BATA e contrata máis operarios


 

Nesta semana o Concello de Ribadumia realizou unha ampliación do convenio con BATA e novas contratacións de persoal para levar a cabo obras de mellora e limpeza do Concello

O Concello de Ribadumia informa que na presente semana se levou a cabo unha ampliación do convenio firmado meses atrás con Baión Asociación Tratamento Autismo (BATA). Isto supón, que durante os próximos días un grupo de cinco persoas desta entidade, estarán a facer traballos de acondicionamento no Concello, e complementarán así os que xa veñen facendo, e que están intensificando nestes días, os traballadores do Concello. E a este grupo sumáronse as novas contratacións realizadas na presente semana.
Os traballadores do Concello de Ribadumia, xunto coas persoas de Bata, están nestes días e vindeiros, a realizar tarefas de arranxo de mobiliario, limpeza do paseo da Ruta da Pedra e da Auga, de zonas verdes e axardinadas, beirarrúas, etc.
O Concello de Ribadumia quere manter a súa boa imaxe para os visitantes que se acerquen a coñecer as riquezas do noso Concello. E por suposto manter a boa imaxe para os veciños e veciñas que disfrutan diariamente do seu ocio no noso enclave.

Deja un comentario