+034 986 09 02 04 Luns 24 de Xuño de 2019

Ponteareas abre o prazo de preinscrición para o Campus-Tea de verán


O prazo para anotarse será entre o 1 e o 8 de xuño
A concellería de Ensino continúa un ano máis con esta iniciativa de lecer, dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos
A concellería de Ensino do Concello de Ponteareas, xestionada por Cristina Fernández, organizará de novo o campamento urbano para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que comezará o vindeiro 27 de xuño e rematará o 31 de agosto.
Esta nova edición do Campus-Tea2016, terá lugar no CEIP “Nosa Señora dos Remedios” de Ponteareas, e estará dividido en cinco quendas. Excepto a primeira, que terá unha duración de catro días, cada unha delas terá unha duración quincenal. Constarán de diferentes actividades temáticas, adaptando os seus contidos ás diferentes idades: Arqueoxogando permitirá que os pícaros e pícaras poidan achegarse ao mundo da arqueoloxía dunha maneira divertida;Ciencia divertida cos elementos, vivindo experiencias de primeira man e experimentando con ela; Fotocine, para aprender a historia da fotografía e o cinema; e, por último, O País dos Sentidos, onde gozaran de experiencais sensoriais cos cinco sentidos.
As bases e o impreso (Anexo I) de Preinscrición do Campus-Teapoderánobterse de luns a venresenhorario de 9 a14 h. na Oficina de Ensino, no 2º andar do Concello, no RexistroXeral, ou bendirectamente na páxina web do Concello.
Os interesadosdeberán presentar, entre o 1 e 8 de xuño, no Rexistroxeral do Concello de Ponteareas, enhorario de 9 a 13 horas o impreso de preinscrición debidamente cumprimentado e mais o certificado de empadroamento, certificado de matrícula escolar ou documento que acredite o enderezo onde radica o lugar de traballo do pai ou nai do usuario/a, segundo corresponda.
As prazas para este campamentoforon ampliadas este ano debido a gran demanda recibidano 2015. As inscripciónsfaranse por quenda, sendo posibleinscribirseen varias sempre que haxadispoñibilidade.
Cada quendatenun prezo de inscrición de 35 euros, agás a primeira de 15 euros por ser máis curta, e todas elas se desenvolverán de luns a venresenhorario de 09:00 a 14:00 horas. Todas aquelas persoas interesadas deben dirixirse ao departamento de Ensino do Concello de Ponteareas ou ben informarse chamando ao teléfono 673 794 880.

Deja un comentario