+034 986 09 02 04 Domingo 05 de Xullo de 2020

Tras ser acusado públicamente por GañaMos de falta de transparencia, o goberno de Mos sigue á espera das súas declaracións de bens para o portal municipal de Transparencia


Hoxe aprobouse en Pleno a Ordenanza Municipal de Transparencia
A páxina web do Concello de Mos, www.mos.es conta cun portal de Transparencia fundamentado na Lei de Transparencia e na Ordenanza Municipal de Transparencia aprobada hoxe en sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, lamentou a este respecto que o grupo municipal GañaMos non teña presentado a declaración de bens que tódolos membros da Corporación deben aportar para facer pública no portal web de Transparencia. “Levan dous meses acusando a este goberno municipal de non cumplir coa Lei de Transparencia e agora son eles os que non entregan a súa declaración de bens”.
E é que, mentres que todos os membros do equipo de goberno local xa presentaron as súa correspondentes declaracións de bens, continúase aínda á espera de que GañaMos o faga para poder completar o contido do portal municipal de Transparencia e publicalo.
“Levamos días esperando a que aporten as súas declaracións de bens, e logo son eses mesmos que non aportan os seus datos os que se atreven a dar leccións de moralidade e transparencia nos medios de comunicación e nas redes sociais”, declarou a rexedora local mosense.
Nidia Arévalo alertou ademais a este respecto “do tremendamente perdidos que andan os membros do grupo municipal GañaMos, que ademais hoxe presentan en Pleno unha moción para que o Concello se adhira ó espazo de transparencia local habilitado pola Xunta, cando iso sería unha redundancia ó ter o noso propio portal municipal de Transparencia, xa que, ademais, a administración autonómica habilita dito espazo para os concellos que non dispoñen do seu propio”. E destacou tamén o contradictorio e incongruente da moción, xa que sen a declaración de bens de tódolos membros da Corporación, o Concello non se podería adherir ó espazo de transparencia local da Xunta.
En definitiva, a alcaldesa destaca novamente o “desastroso” do modo de facer política “desta xente que dá pasos a cegas, ó tuntún e sen saber o que fai”. “Desacredítanse por sí mesmos e as súas meteduras de pata póñenos no seu sitio e déixanos en evidencia por sí soas”.

Deja un comentario