+034 986 09 02 04 Mércores 22 de Agosto de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O Goberno da Deputación aproba a adhesión de máis de 50 concellos ó Programa “Depo RúARTE 2016”


O programa, dirixido ós concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, pretende dinamizar a mocidade ofrecéndolles novas alternativas de lecer e un espazo de encontro e intercambio de experiencias

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adhesión de máis de 50 concellos ó programa “Depo RúARTE 2016” impulsado desde o servizo de cohesión social e xuventude da institución provincial. En concreto, presentaron a solicitude de adhesión os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia entre os que se atopan Agolada,Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.

“Depo RúARTE 2016” ten por obxecto ofrecer diferentes accións dinamizadoras para a mocidade de entre 14 e 30 anos a través de actividades que atendan as demandas do colectivo xuvenil da provincia de Pontevedra, ofrecéndolles un espazo de encontro e intercambio de experiencias, así como novas alternativas de lecer que potencien movementos de participación e cooperación social.

Os concellos de menos de 50.000 habitantes tiñan de prazo ata o 21 de maio para escoller unha actividade de 25 horas de duración das que figuran no catálogo publicado en www.depo.es e estruturadas nas áreas MúsicARTE, RúARTE, UrbanARTE, CreARTE e CociñARTE. Unha vez rematadas terá lugar o I Certame Xuvenil Depo RúARTE a través do que se amosará o aprendido nas actividades realizadas.

Deja un comentario