+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Novembro de 2018

A Festa do Viño Tinto do Salnés, pecha esta edición con preto de 10.000 botellas de tinto vendidas


 

O Concello de Ribadumia fai a súa valoración sobre a XLIV edición da Festa do Viño Tinto do Salnés,e destaca o éxito da mesma, tanto por número de veciños e veciñas que se achegaron, como de visitantes doutros concellos veciños e doutros puntos da xeografía española. Destacando tamén o éxito das actividades programadas para os tres días de festa, dende os pasarrúas, as actuacións na carpa ou na Carballeira de Barrantes, sen esquecer as actividades adicadas os nenos, ou as exhibicións de diferentes disciplinas como zumba ou patinaxe celebradas na tarde do domingo.
No que respecta a venta de viño, nesta edición despacháronse aproximadamente 10000 botellas.
E sen esquecer o agradecemento a todas as casa comerciais publicitarias, a todos os viticultores e colleiteiros, a todos es veciños, veciñas e visitantes, a todos os colaboradores, e a todos os que fixeron posible que un ano máis a Festa do Viño Tinto do Salnés fose unha realidade.
E por suposto dar novamente a noraboa a todos os premiados e a todos os que presentaron os seus viños as catas.

Os colleiteiros agraciados foron:
1º premio tinto Benito Carballa Varela Parroquia Leiro
2º premio tinto Jesús Mosteiro Parroquia Barrantes
3º premio tinto Alba Mosteiro Parroquia Barrantes
4º premio tinto Emilio Mosteiro Carro Parroquia Barrantes
5º premio tinto María Pintos Parroquia Besomaño
6º premio tinto Irene Lojo Abal Parroquia Barrantes
1º premio autóctono Albino Abal Barral Parroquia Ribadumia
2º premio autóctono Manuel Bemposta Lago Parroquia Baión
3º premio autóctono María Padín Barral Parroquia Barrantes
4º premio autóctono Ramón Lede Caramés Parroquia Leiro
5º premio autóctono Francisco Abuín Nuñez Parroquia Leiro
6º premio autóctono Edelmiro Serantes Barral Parroquia Ribadumia

 

 

 

 

 

Deja un comentario