+034 986 09 02 04 Domingo 05 de Xullo de 2020

Oito novos auxiliares de axentes incorpóranse á Policía Local do Porriño coa orde da alcaldesa de reforzar a atención e axuda aos cidadáns


A alcaldesa, Eva García de la Torre, acompañada pola concelleira de Seguridade, Lourdes Moure e o xefe do 092, Florentino Porto, recibiu este martes aos 8 auxiliares de axentes que prestarán os seus servizos na Policía Local os vindeiros 6 meses.
Como subliñou Eva García de Torre, estes novos auxiliares, sete homes e unha muller, realizarán tarefas de asistencia aos axentes, en especial no que atangue ao reforzo da vixilancia en todo o territorio do concello.
Por orde directa da alcaldesa, o seu labor será, principalmente, a de completar o traballo de “policía de preto para a atención aos cidadáns, coa obriga de axudar e asistirá aos veciños”. Así o transmitiu a todos eles na xuntanza que mantiveron na Alcaldía.
Da cordo coa lei, as función dos auxiliares dos axentes da Policía Local son as de custodia e vixianza dos bens, servizos e dependencias municipais; ordenar e dirixir o tráfico no territorio do concello, segundo as normas de circulación; garantir o cumprimento das ordenanzas, bandos e demais disposicións e actos municipais e, asimesmo, participar nas tarefas de auxilio ao cidadá e de protección da cordo co disposto nas leis.

Deja un comentario