+034 986 09 02 04 Mércores 27 de Maio de 2020

Medio Rural organiza un obradoiro sobre a xestión preventiva dos combustibles forestais os días 14 e 15 de xuño en Lourizán


Os obxectivos son dar a coñecer resultados de proxectos de investigación recentes, poñer en común a xestión técnica preventiva de combustibles forestais e analizar as posibilidades de aplicación das novas tecnoloxías

A Consellería do Medio Rural organizou para os vindeiros días 14 e 15 de xuño un obradoiro sobre a xestión preventiva de combustibles forestais que terá lugar no Centro de Investigación Forestal (CIF) da Xunta en Lourizán (Pontevedra).

Os obxectivos deste taller son dar a coñecer aos xestores forestais resultados de proxectos de investigación recentes de ámbito nacional, poñer en común a xestión técnica preventiva relativa a combustibles forestais que se está levando a cabo a nivel nacional e analizar conxuntamente as posibilidades de aplicación de esas novas tecnoloxías na planificación e execución de tratamento de combustibles.

Na investigación forestal dos diversos países están recibindo unha atención preferente nos últimos anos temas como os tratamentos de combustible para diminuír a intensidade do lume, métodos para paliar os efectos negativos dos incendios, o aumento da seguridade dos profesionais e a mellora da eficacia dos medios de extinción. A estas xornadas asistirán un total de 45 persoas, estando xa cuberto o cupo de asistentes.

A inauguración do obradoiro correrá a cargo do director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández-Couto. Como relatores participarán expertos do propio CIF de Lourizán e das universidades de Santiago, Vigo e Córdoba.

Deja un comentario