+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

O PP da Guarda denuncia a perda dunha subvención para arranxos na praza de abastos de 130.000 €


O equipo de goberno encabezado polo socialista Dominguez Freitas renunciou a unha subvención aprobada da Xunta de Galicia

A voceira do partido popular da Guarda, Fátima Iglesias, dá a coñecer que o concello da Guarda renunciaba este pasado verán a unha subvención de 130.000 € para o arranxo da praza de abastos. A Xunta de Galicia volvía este ano, a través da orde do 12 de marzo de 2014, a aprobar unha partida presupostaria para subvencionar para os concellos galegos para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos.

O concello da Guarda non presentaba o proxecto de obra e polo tanto desta forma renunciaba á subvención aprobada, que ten como prazo de execución o 1 de decembro e que está a axudar a reformar e mellorar as prazas de abastos municipais dos concellos dos arredores e de toda Galicia.

Dende o Partido Popular volvemos a poñer en cuestión unha vez máis, a xestión municipal tanto do alcalde Dominguez Freitas coma da concelleira de Comercio responsable Montserrat Magallanes, os que deberían apostar pola mellora dos equipamentos públicos comerciais municipais, como elemento clave para o desenvolvemento do comercio, ademais esta orde inclúe a posibilidade de mellora de equipamentos e mobiliario próximos á infraestrutura, algo que, vendo o estado de papeleiras e sinais, é máis que unha necesidade no noso concello. Apostar por un mercado remodelado e moderno permitiría consolidar o comercio de proximidade e a rexeneración do centro urbano da vila, tal e como apostan dende outros concellos desta bisbarra.

Realmente é inconcibible que o goberno guardés este perdendo oportunidade de crecer e mellorar as instalacións municipais por desleixo, ademais de afectar directamente ás familias que viven da praza de abastos e do ámbito, así como poder apostar por unha obra que inxectaría traballo nas pequenas empresas do municipio, que sen dúbida poderían manter ou aumentar o equipo con veciños e veciñas

Deja un comentario