+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Decembro de 2019

Cubela chega a un principio de acordo co Ministerio de Traballo para mercar a Casa do Pobo de Corredoira e cederlla aos veciños


 

O presidente da agrupación local e alcalde garante que a compra se pechará se o PP mantén o Goberno e teme que outros executivos boicoteen a operación

O presidente do PP local e alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, alcanzou un principio de acordo con representantes do Ministerio de Traballo para que o Concello merque definitivamente a Casa do Pobo de Corredoira, que actualmente é de titularidade estatal, e se cedan estas instalacións aos veciños desta parroquia para a organización e celebración das súas actividades.
Cubela garantíu que a operación pecharase seguro se o PP mantén o Goberno central, pero amosou as súas serias dúbidas de que suceda o mesmo se se produce un cambio no executivo do Estado. “Temo que o principio de acordo alcanzado quede en nada e se boicotee a operación se o PP non segue gobernando en Madrid, xa que en Cotobade sufrimos e estamos a sufrir moito sectarismo e bloqueo a proxectos de interese xeral por parte de administracións rexidas por outros partidos co único obxectivo de desgastar ao goberno local”, explicou.
O presidente do PP local explicou que a Casa do Pobo de Corredoira pertence á Administración Xeral do Estado e a súa intención, no marco do plan de dotación de infraestruturas sociais modernas a todas parroquias, pasa porque o Concello adquira a propiedade, tal e como se comprometeu nas pasadas eleccións municipais de maio de 2015, e traspase o seu uso á veciñanza para que dispoña das mesmas posibilidades que as demais parroquias.
No marco deste plan parroquial, o Concello xa remozou e mellorou varias casas do pobo e centros sociais dende 2011, sendo o último caso o do Cádavo, rematado o pasado mes de xaneiro. Na

actualidade xa está proxectada a ampliación de espazo útil no recinto de Augasantas e, para o que resta de mandato municipal, a intención de Cubela e o seu equipo pasa por facer o mesmo, aparte de en Corredoira, en Rebordelo e na Casa do Emigrante de Carballedo, así como acometer a construción dun novo edificio veciñal e social en Tenorio.

Deja un comentario