+034 986 09 02 04 Mércores 18 de Xullo de 2018

Cores Tourís visitou os polígonos de Uceira e Ribadil en A Cañiza para anunciar novas obras de mellora


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que se levarán a cabo nova beirarrúas en ambos parques empresariais

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá os polígonos empresariais de Uceira e Ribadil en A Cañiza, co obxectivo de anunciar a posta en marcha de obras de mellora nesta área industrial que permitirán a execución dun punto limpo a mellora de varios viais.

Na visita estivo acompañado do alcalde da localidade, Miguel Adolfo Domínguez, así como do xefe territorial de Economía, Ignacio Rial.

Deste xeito, Cores Tourís destacou a labor da Consellería de Economía, Emprego e Industria que acaba de aprobar apoios por preto de 5 millóns de euros para os concellos galegos cos cales se desenvolverán melloras en 46 parques empresariais de toda Galicia, 10 deles na provincia de Pontevedra, onde se investirán case un millón de euros”.

Mediante a convocatoria destas axudas para a habilitación e mellora de infraestruturas, concédense apoios cos que se impulsarán 58 proxectos en 46 parques empresariais galegos. “Na nosa provincia executaranse 12 proxectos, véndose beneficiados 10 concellos: Cambados, Ribadumia, Campo Lameiro, O Porriño, A Cañiza, Silleda, Tui, A Lama, Agolada e Forcarei”, explicou Cores Tourís, quen matizou que grazas a estas obras “mellórase así o servizo que se presta ás compañías xa instaladas ao tempo que se impulsa a chegada de novas iniciativas con capacidade para xerar riqueza e emprego”.

“Preto do 47% dos proxectos apoiados mediante esta liña se centra nas vías de acceso, e o resto en melloras enerxéticas e medioambientais. De feito, nos dous polígonos de A Cañiza executaranse novas beirarrúas por un montante global de 145.527 euros, dos cales o 80% será financiado pola Consellería de Economía, é dicir 116.422 euros”.

O obxecto do proxecto do polígono de Uceira é construír novas beirarrúas onde antes non existían, nun tramo aproximado de 210 metros. No caso de Ribadil, a execución de beirarrúas se prolongará ao longo de 1.622 metros coa construción tamén de cunetas.

Durante a visita, o alcalde de A Cañiza agradeceu a colaboración da Xunta para a mellora destes polígonos empresariais, “xa que coa execución destas novas beirarrúas mellorarase en seguridade viaria para os traballadores e clientes destes dous parques nos que se atopan instaladas 22 empresas e nos que traballan 250 persoas”.

Deja un comentario