+034 986 09 02 04 Domingo 19 de Agosto de 2018

O Concello do Grove remata o balizamento das praias


O operativo de praias xa se atopa en funcionamento contando coa apertura das mesmas a partires do 25 de xuño. Entre as moitas medidas adoitadas o Goberno Local ven de revisar o balizamento das praias. Este balizamento tiña un custo anual de 45.000 euros, a partires deste ano tense realizado a compra do material por valor de 23.000 euros polo que o seu custe por montaxe e mantemento anual reducirase a 14.000 euros.

A colocación do balizamento foi rematada hoxe. Tamén se ten comezado coa limpeza a fondo dos areais e coa distribución do persoal de socorrismo. Lembramos que esta ano a praia da Lanzada comeza cun plan pioneiro en materia de medioambiente que coloca este areal á avangarda da conversación. A recollida do lixo non se realizará sobre a area senón que se informará aos visitantes que deberán levar de volta os desperdicios aos colectores das entradas á praia. Trátase dunha dinámica semellante á que existe nas Illas Cíes e que contribuirá notablemente á mellora do ecosistema, sobre todo por evitar o excesivo paso de máquinas de limpeza que poden chegar a ter impacto nas dunas.

Ademais do anterior, tamén se informa aos usuarios de que a recollida de algas non se contempla como recollida de lixo, xa que as mesmas forman parte da contorna das praias e deben ser retiradas con coidado e sen exceso, xa que esta práctica levou a unha notable diminución das especies destas plantas mariñas co conseguinte risco medioambiental que isto implica. Todas estas medidas contribúen a que as praias do Grove manteñan o seu nivel de excelencia ademais de ser referentes como espazos protexidos de explotación sostible.

Deja un comentario