+034 986 09 02 04 Martes 20 de Outubro de 2020

O Concello de Ponteareas informa da apertura do proceso de contratación de 20 persoas para o obradoiro de emprego


O obradoiro botará a andar no mes de setembro e desenvolverase por un período de 6 meses ata marzo de 2017
O concello de Ponteareas contará cun obradoiro denominado ‘Compromiso Social II’ e estará destinado á atención socio sanitaria en domicilio e á albanelería. O taller contará con 20 alumnos desempregados.
Ponteareas ten por segundo ano consecutivo cun novo obradoiro de emprego despois de máis de sete anos sen ningún. Isto é consecuencia do empeño e afán do actual Goberno local neste ámbito, xa que entre as súas prioridades están as políticas activas de emprego para ofrecer novas oportunidades e saídas laborais ás persoas desempregadas.
O proxecto que o Concello de Ponteareas porá en marcha consiste en diversos traballos de rehabilitación no parque da Feira da Vella e nas casas nº5 e nº13 da rúa dos Mestres para 10 alumnos e alumnas, por unha banda, e na atención socio sanitaria no fogar para 10 máis, pola outra.
Nas obras do parque da Feira Vella preténdese o saneado e acondicionamento dos almacéns para poder contar con mais espazo para liberar algún dos locais de ensaio. Deste xeito, o Concello poderá destinalos ás necesidades das actuacións proxectadas no auditorio, xa que os distintos grupos contratados para actuacións no auditorio da Feira botan en falta un pequeno espazo de ensaio.
Entanto á actuación na rúa dos Mestres nas casas dos nº5 e nº13 tratarase o seu acondicionamento, no caso da primeira, para vivenda de acollida e, na segunda, para o seu uso como dependencias de Protección Civil.
Dende o Concello informan que todas as persoas que estean interesados en participar, deberán inscribirse na oficina do Servizo Público de Emprego de Ponteareas, mostrando o seu interese en participar como alumno-traballador de obradoiros de Emprego.
É importante que na demanda de emprego conste a solicitude da ocupación á que se pretende acceder, xa que a preselección dos traballadores se realizará a través da Servizo Público de Emprego. Para máis información, os interesados poden dirixirse á , no teléfono 986981598 ou no seu enderezo na rúa dos Carballos, 10.
Amais, o obradoiro precisará un director/a, un mestre de especialidade de fábricas de albanelería; un mestre da especialidade en revestimentos con pastas e morteiros en construción, e un mestre de atención socio sanitaria a persoas no domicilio, polo que, creará tamén estes postos de traballo.
O Concello remitirá á Consellería de Economía, Emprego e Industria a solicitude para que os talleres de formación e emprego comecen o 12 de setembro.

Deja un comentario