+034 986 09 02 04 Venres 14 de Decembro de 2018

A Asociación de Traballadores por Conta Propia de Galicia adhírese ao Plan de Inclusión Dixital da Amtega


ATA Galicia únese á rede de Aliad@s Dixitais do Plan para realizar actividades de alfabetización, formación e capacitación dixital dirixidas aos autónomos galegos

A Asociación de Traballadores por Conta Propia (ATA Galicia) vén de adherirse como aliado dixital ao Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, e comprométese a participar xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) na realización actividades dirixidas aos traballadores por conta propia para acadar a súa integración e aproveitamento da sociedade dixital.

Ao longo deste ano, deseñaranse e poranse en marcha diversas iniciativas formativas para acadar a alfabetización e capacitación dixital dos traballadores por conta propia, e lograr que poidan sacar o máximo aproveitamento que ofrecen as TIC no seu ámbito de traballo. En paralelo, ATA Galicia participará xunto coa Amtega nas xornadas de difusión de novas tendencias tecnolóxicas que se impulsen para a mellora da calidade de vida da cidadanía, así como na participación e colaboración con outros aliados dixitais para o desenvolvemento de proxectos de inclusión dixital.

Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 – Aliad@s Dixitais
O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia para impulsar un novo modelo de inclusión dixital, que integre as accións para a alfabetización dixital con outras de capacitación dixital e de innovación social dixital participativa.

Esta estratexia estase a levar a cabo grazas á cooperación, e implicación dos axentes do ecosistema dixital, que permitir sumar capacidades, recursos e iniciativas para incrementar o alcance das medidas.

O pasado 29 de abril, publicouse a Resolución que permite que todas as entidades, empresas, asociacións, etc interesadas en participar neste eido poden adherise coma aliados dixitais a través dun proceso telemático na sede electrónica da Xunta de Galicia.

ATA Galicia
A Asociación de traballadores por conta propia, forma parte da Federación Nacional de Traballadores Autónomos ATA que leva dúas décadas defendendo e representando ao traballador autónomo e no ámbito nacional está integrada por máis de 450.000 autónomos.

En Galicia están presentes en A Coruña, Lugo, Vigo, Ourense e tamén en Ponteareas e Baio onde prestan apoio e servizos de asesoría xurídica, formación continua, acordos con bancos, caixas e compañías de telefonía móbil, prevención de riscos laborais e outros servizos de apoio que se precisen aos traballadores por conta propia e facendo especial fincapé nos colectivos máis vulnerables (mozos e mozas, mulleres e inmigrantes) que deciden incorporarse ao mundo laboral a través da súa propia iniciativa. http://www.ata.es/

Deja un comentario