+034 986 09 02 04 Mércores 23 de Setembro de 2020

Aberto o prazo para a VIII Travesía a nado Udra-Pescadoira


Os amantes das competicións de natación xa se poden inscribir na VIII Travesía a nado Udra-Pescadoira, organizada polo Concello de Bueu e o Clube de Atletismo Corredoiras e que se celebrará o vindeiro 23 de xullo. Tal e como se vén facendo nas edicións anteriores, existen diferentes lugares de saída: desde a praia de Ancoradouro ás 11 horas, cunha distancia de 7500 metros, da praia de Mourisca, ás 12 horas, e percorrido de 4000 metros, e desde a praia de Beluso, ás 12.40 aproximadamente, cunha distancia de 1500 metros. A meta será a praia de Pescadoira, xa que se trata dunha proba que ten como obxectivo a toma de conciencia sobre a rexeneración deste areal.
As inscricións están abertas ata o 21 de xullo na web www.prueba-t.es a un custe de 15 euros, e un máximo de 200 participantes. Tal e como establece o regulamento, a idade mínima para poder participar será de 16 anos.
Tras a proba, farase entrega dos premios para os tres primeiros clasificados na categoría de absoluta feminina e masculina no percorrido de 7500 metros.
Máis información e inscricións na web:
http://inscripciones.prueba-t.es/inscripcion/inscripcion_datos.php?id=3719

Deja un comentario