+034 986 09 02 04 Domingo 27 de Setembro de 2020

“Revenidas 2016”, outra cita imprescindible deste verán no circuito dos “Festivais Rías Baixas” que promove a Deputación de Pontevedra


 

Carmela Silva destacó na presentación oficial de “Revenidas” que o Festival das Linguas pon en valor a cultura, a música e a convivencia

A Praia do Preguntoiro, condecorada con bandeira azul e situada no porto mariñeiro de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, foi o lugar escollido para a presentación oficial da 13 edición do festival Revenidas. Esta praia atópase no entorno onde se celebrarán máis de 30 concertos, os principais de pago, e ao redor de 40 actividades de balde para todos os públicos. Moitas son as novidades da edición máis completa do Festival das Línguas, con gastronomía, circo, feira de creatividade e artesanía, obradoiros, o Xoubiñas Festi para os máis pequenos, solidariedade e compromiso reflectidos no logotipo desta edición deseño do autor gráfico David Lages. E por suposto música, moita música. As persoas asistentes ao Revenidas16 poderán escoitar cancións en galego, castelán, catalán, euscara, inglés,portugués, austriaco, ruso, rumano ou italiano.

A Deputación de Pontevedra, promotora dos Festivais Rías Baixas, a marca que acolle aos 7 principais festivais da provincia no que se inclúe Revenidas, estivo representada pola Presidenta, Carmela Silva, que sinalou que “o mellor que temos as persoas e as Administracións Públicas son as ideas. Aquí, celebramos esta gran idea que pon en valor a cultura que nos fai únicos e representa un gran atractivo que só nós somos” . Silva engadiu que “Revenidas pon en relevo a língua e a nosa cultura, a música, pero tamén o encontro, a convivencia e uns espazos tan fermosos abundantes en Vilagarcía e en moitos lugares do Salnés”
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, agradeceu “a todas as persoas que se implican e ás autoridades que fan posible que isto sexa unha realidade. Este é un festival que xa é unha referencia. E a vila mariñeira de Vilaxoán polo carácter da súa xente é un atractivo propio para asistir ao festival”.

Por parte da organización falou Xoan Quintáns que destacou “a completa programación de actividades para todos os públicos, nun entorno que convida ao disfrute do mar, gastronomía, música e amizade”. Quintáns lembrou que o festival arrinca este venres 1 de xullo a partir das 21:30 na praza da Peixeria en Vilagarcía coa final do III Concurso de Grupos Emerxentes Revenidas. Unha actuación no que tocarán as bandas viguesas Lamprea Explosiva e Os Vacalouras, Leda Atómica de Cambados, Canto Crú de Vilagarcía e Skalingrado de Ourense. Os grupos optarán a algún dos dous premios do concurso.

O prezo dos bonos para os tres días estará a 30 euros ata o 1 de xullo. A programación completa do festival e algunhas sorpresas por anunciar daranse a coñecer na web do festival. www.revenidas.com Entre as bandas destacadas, unha das mellores bandas balcánicas de todos os tempos Fanfare Ciocarlia, un dos rapeiros máis importantes da música brasileira da última década Gabriel O Pensador, a diversión e o ska dos italianos Talco, o rock reinvidicativo
dos existosos La Raíz ou a contundencia e diversión da actual banda austriaca con máis
repercusión internacional Russkaja.

Deja un comentario