+034 986 09 02 04 Luns 30 de Novembro de 2020

Porriño celebra a terceira edición do Festival de Bandas de Música en honor a Santa Icía


O programa inclúe tamén o II Concerto de solistas invitados, que contará coas interpretacións de trompetista Manuel Madarnás e J.Ramón Rodriguez, ao piano

A música será a gran protagonista desta semana en Porriño. O próximo sábado, 22 de novembro, os músicos celebran a súa festividade, Santa Icía. Con tal motivo, o Concello de Porriño a través da Concellaría de Cultura que dirixe Teresa Veloso, organiza como cada ano unha serie de actividades dirixidas a todos os públicos.

A primeira cita será este mércores. Ás 19:30 horas dará comezo nas dependencias da Escola Municipal de Música, o II Concerto de solistas invitados. Nesta ocasión, serán o trompetista Manuel Madarnás e J. Ramón Rodríguez ao piano, os que nos deleitarán coas súas interpretacións.
O prato forte será este venres, cando terá lugar a terceira edición do Festival de Bandas de Música, que se celebrou por primeira vez no ano 2012 organizado pola Escola Municipal de Música de Porriño. Nesta ocasión as protagonistas do acto serán a Banda da Escola de Música de Candeán, a Banda Infantil da Escola de Música de Salvatierra, e a Banda de Música da Escola Municipal de Porriño dirixida por Javier Domínguez. A cita será ás 20:00 horas no Círculo Recreativo e Cultural de Porriño con entrada libre e gratuíta ata completar o aforamento.

A Banda Escola Municipal de Música de Porriño nace ao abeiro da Escola Municipal de Música. Foi durante o curso 2010/2011 cando se deron os primeiros pasos desta futura banda que, a día de hoxe, conta xa con máis de 30 membros de idades comprendidas entre os 8 e os 60 anos de idade, os cales compaxinan a súa formación musical, asistindo ás clases impartidas polo grupo de 14 profesores desta escola, con ensaios seccionais e xerais da propia banda.

A Banda de música de Porriño participa en diversos festivais co obxectivo de mostrar o traballo diario realizado na escola, nesta ocasión deleitarán ao público coa súa interpretación de cinco pezas: Adagio de Tomado Albinoni, Harry Potter da película Harry Potter, Ross Roy de Jacob de Han, Nino Bravo en concerto, temas de Nino Bravo e Na Rúa do Porto de Alsirio Fernández.

Deja un comentario