+034 986 09 02 04 Venres 26 de Abril de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O Plan Concellos destina outros 1,3 millóns de euros a sete concellos da provincia


O Goberno provincial leva investidos 17,3 millóns de € ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2016, un grao de execución do 58%

 

A Xunta de Goberno da institución provincial vén de aprobar 10 novas axudas a sete concellos da provincia de Pontevedra ao abeiro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos. En concreto, Cotobade, A Estrada, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Tomiño e Tui recibirán unha serie de axudas que, entre todas elas, suman a cantidade de 1.319.983,71 €.

Ao abeiro da liña 1, Cotobade recibirá 110.189,92 € para o acondicionamento e a pavimentación dunha pista municipal en Fentáns e 154.026,51 € destinados á mellora da seguridade viaria no acceso á aldea de Arriba, en Santa María de Sacos, un investimento total de 264.216,43 €. A Estrada recibirá outros 465.055,23 € que se concretan en 241.999,99 € co obxectivo de pavimentar vías no casco urbano e, ademais, 223.055,24 € destinados a diversas obras e servizos do concello. Pola súa banda, Gondomar recibe unha achega de 112.832,50 € para a urbanización do espazo exterior do edificio administrativo do CDL e a realización de obras de instalacións complementarias, en fase 1. Estes concellos teñen uns graos de execución no Plan Concellos do 77% (Cotobade), o 100% no caso da Estrada e o 66% (Gondomar).
No tocante a Nigrán, a vila percibirá dúas achegas por valor de 106.277,45 e 141.703,95 € (un total de 247.981,40 €) destinados á creación do parque mestre Xosé Vázquez Grela e outro na rúa Ana Isabel Costas, en San Pedro. O Rosal beneficiarase da achega de 65.201,09 € co obxectivo da execución dun muro de contención e de mampostaría no lugar do Morán, na parroquia de San Miguel de Tabagón. Pechan esta quenda de axudas Tomiño, con 60.000 € cos que se procederá ao financiamento da construción dunha pista de atletismo na área deportiva do Mosteiro, e Tui, ao que se lle achegan 104.697,06 € destinados ao acondicionamento e ampliación da edificación do futuro comedor escolar do CEIP Plurilingüe e Abalar Nº 2. O grao de execución do Plan Concellos para estes concellos é do 56% (Nigrán), o 100% (O Rosal), un 82% no caso de Tomiño e, por último, un 69% no de Tui.

No que vai de ano, o Plan Concellos dentro da súa liña 1 leva investidos 17.377.851,77 € nos concellos da provincia, o que supón un grao de execución ata o momento do 57,59% en canto a investimentos.

Deja un comentario