+034 986 09 02 04 Mércores 13 de Novembro de 2019

O Concello do Grove pon en marcha clases de apoio para estudantes de ESO con necesidades extraordinarias


 

Este luns darán comezo as clases de apoio de verán para estudantes de ESO, por diversas circunstancias, teñan necesidades extraordinarias. Trátase dun programa no que se teñen seleccionado a aqueles rapaces e rapazas que segundo os servizos sociais precisarán de maior apoio na súa formación académica. O Concello encargarase de pagar as clases facendo así fronte a uns custos que as familias non poidan afrontar e as clases serán impartidas por docentes das distintas áreas precisas.

As clases desenvolveranse na Casa da Terceira Idade gracias á colaboración da Asociación de Xubilados e Pensionistas que cederá unha aula para o desenvolvemento das clases en horario e mañá. Os rapaces e rapazas participantes contarán con apoio durante os meses de verán para poder facer fronte aos exames de setembro e contar coa preparación adecuada na volta ao curso.

Deja un comentario