+034 986 09 02 04 Mércores 15 de Xullo de 2020

O concello ordena a talla inmediata de 8 dos tileiros da Praza do Cristo, afectados por fungos parásitos que causaron un grave apodrecementos destas árbores


A Concellería de Parques e Xardíns acometerá, de xeito inmediato, a tala de 8 tileiros da Praza do Cristo que, segundo os estudos feitos nas árbores, presentan un avanzado estado de apodrecemento por mor duns fungos parasitos, que provocaron a rotura fibrilar dos mesmos.
Como adiantara o concelleiro Orlándo Márquez, persoal especializado de Adoa fixo un exame polo miúdo dos tileiros para comprobar o seu estado e decidir si os mesmos, plantados hai medio século, se tallan ou se arrincan para evitar riscos aos veciños.
A conclusión dos expertos é que a maioría das árbores, que miden entre 6 e 8 metros, presentan “corpos de fructificación de fungos parasitos graves que veñen de crear aprodrecementos e ocos en todos os exemplares”. O tipo de fungo, ‘Ganoderma sp.’, é de apodrecemento branco ou fibroso, que vai dende o pescozo da árbore e sube polo corpo da mesma.
Á acción do fungo hai que engadir, subliñan os biólogos, “feridas antigas na base dos troncos, seguramente producidas por maquinaria, que causaron un gran apodrecemento interno que implica un debilitamento da árbore, que se reflicte no nivel de vitalidade, non xerando un bo callo que cubra a feridas, e a nivel biomecánico ao quedar unha estrutura susceptible de rotura ante un forte vento”.
Á vista destas conclusións, nos vindeiros días, varios equipos, dirixidos por especialistas, cortarán, nun primeiro momento, oito dos tileiros da Praza do Cristo, os que están en peor estado, e retirarán, as raíces dos mesmos, na súa totalidade, xa que a súa permanencia faría imposible a replantación dado que o fungo sobreviviría e afectaría, nun período de 5 a 6 anos, ás novas árbores que se colocasen no seu lugar.

Deja un comentario