+034 986 09 02 04 Xoves 18 de Outubro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Rodeiro e A Illa recibirán case 18.000 € para actividades culturais e deportivas dentro do plan concellos 2016


Trátase de contías enmarcadas na liña 3 do Plan Concellos, do que a Deputación xa leva executado o 98% cuns investimentos de 1.357.104,12 €

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un total de 17.800 € en dúas axudas para os municipios da Illa e de Rodeiro dentro da liña 3 do Plan Concellos 2016, que financia actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais.

Rodeiro vai percibir 16.500 € para financiar a Semana da Xuventude, o programa Rodeiro entre Camiños, os Campamentos de Verán, Rodeiro de Tapas, o Entroido e a Festa de Reis. Pola súa banda, A Illa recibirá 1.300 € para as actividades sociais de prevención e atención á dependencia.

Con estas dúas novas achegas, a Deputación está a piques de completar a totalidade prevista para a liña 3 do Plan Concellos. En concreto, o grao de execución no que vai de ano é do 98%, cuns investimentos ata agora de 1.357.104,12 €.

Deja un comentario